FÚTBOL 7 PONTEVERÁN
COMO INSCRIBIRSE
1.1.
Inscrición.
O período de inscrición
abrirase o día 15 de xuño ás 10:00 h da mañá e pecharase o xoves anterior a segunda fin de semana de xullo
do ano do evento ás 14:00 h.
Cada equipo abonará un
total de 30 €
Na conta do club BANCO SANTANDER 0049 4332 16 2610005461 para poder participar en dito evento.
No CONCEPTO do pago escribirase TORNEO DE FÚTBOL 7,
e como ORDENANTE, o NOME DO EQUIPO.
Na conta do club BANCO SANTANDER 0049 4332 16 2610005461 para poder participar en dito evento.
No CONCEPTO do pago escribirase TORNEO DE FÚTBOL 7,
e como ORDENANTE, o NOME DO EQUIPO.
A fotocopia do resgardo
de pago aportarase no momento da entrega da documentación necesaria para
participar no torneo.
Todos os equipos terán
un mínimo de 7 xogadores ou xogadoras e un máximo de 15 xogadores/as.
No momento da
inscrición, os equipos deben presentar unha fotocopia do DNI polas dúas caras
de cada un dos participantes, a fotocopia do resgardo de pago de inscrición,
ademais da folla de inscrición debidamente cumprimentada -nome do equipo e dos
compoñentes e categoría na que compiten-, non aceptando a súa inscrición se non
ven acompañada de polo menos sete documentos de identidade (DNI) e sen o
resgardo de pago. Despois, poderán engadir tantos xogadores ou xogadoras como queiran
-non máis de 15- ata o día no que finaliza o devandito prazo de inscrición.
Unha vez rematado o
prazo, no se poderán incluír máis participantes para o campionato.
O lugar correspondente
para efectuar dita inscrición será a Oficina Municipal de Xuventude de
Pontevedra (Casa Azul). r/ Sor Lucía, 2, 3º, tel. 986 840 367, de luns a venres
de 9 a 14 h. Tamén poderase facer vía e-mail se se achega a ficha de inscrición,
a copia escanada do resgardo bancario e a copia escanada dos DNI ao enderezo @7A9CAFyD
FOLLA DE INSCRICIÓN