Inscrición

FÚTBOL 7 PONTEVERÁN
COMO INSCRIBIRSE
1.1.       Inscrición.
O período de inscrición abrirase o día 15 de xuño ás 10:00 h da mañá e pecharase o xoves anterior a segunda fin de semana de xullo do ano do evento ás 14:00 h. 

Cada equipo abonará un total de 30 € 
Na conta do club BANCO SANTANDER 0049 4332 16 2610005461 para poder participar en dito evento. 
No CONCEPTO do pago escribirase TORNEO DE FÚTBOL 7
e como ORDENANTE, o NOME DO EQUIPO.  

A fotocopia do resgardo de pago aportarase no momento da entrega da documentación necesaria para participar no torneo.

Todos os equipos terán un mínimo de 7 xogadores ou xogadoras e un máximo de 15 xogadores/as.

No momento da inscrición, os equipos deben presentar unha fotocopia do DNI polas dúas caras de cada un dos participantes, a fotocopia do resgardo de pago de inscrición, ademais da folla de inscrición debidamente cumprimentada -nome do equipo e dos compoñentes e categoría na que compiten-, non aceptando a súa inscrición se non ven acompañada de polo menos sete documentos de identidade (DNI) e sen o resgardo de pago. Despois, poderán engadir tantos xogadores ou xogadoras como queiran -non máis de 15- ata o día no que finaliza o devandito prazo de inscrición.

Unha vez rematado o prazo, no se poderán incluír máis participantes para o campionato.

O lugar correspondente para efectuar dita inscrición será a Oficina Municipal de Xuventude de Pontevedra (Casa Azul). r/ Sor Lucía, 2, 3º, tel. 986 840 367, de luns a venres de 9 a 14 h. Tamén poderase facer vía e-mail se se achega a ficha de inscrición, a copia escanada do resgardo bancario e a copia escanada dos DNI ao enderezo @7A9CAFyD


FOLLA DE INSCRICIÓN