Normativa

NORMATIVA FÚTBOL 7 PONTEVERÁN

1.1.       Categorías e Equipos.
O TORNEO DE FÚTBOL 7 MASCULINO E FEMININO (PONTEVERÁN) terá as seguintes categorías:
-        Cadete Masculino (14 e 15 anos).
-        Xuvenil Masculino (16, 17 e 18 anos).
-        Senior Masculino (+ 18 anos).
-        Categoría feminina agrupada.
Cada categoría estará composta por un máximo de oito (8) equipos que se completaran por rigorosa orde de inscrición.

1.2.       Formato de Competición.
O formato de competición do torneo de Fútbol 7 estará formado por dúas fases ben diferenciadas. Unha primeira fase de grupos, formada por oito equipos encadrados en dous grupos de catro, que se enfrontarán entre si unha vez, clasificándose para a seguinte fase os dous mellores. A segunda fase disputarase no formato de eliminación directa e terá dúas roldas, as semifinais e a final.

Os encontros a disputar terán 2 períodos de 15 minutos e rexeranse polo regulamento da Real Federación Española de Fútbol e as súas variacións para o regulamento de fútbol 7, as cales expoñemos a continuación:

Excepcións o Regulamento de Fútbol 11
Terreo de xogo. Será de céspede, cunhas dimensións máximas de 90 x 60 m e mínimas de 60 x 40 m. As porterías terán unha medida de 2 x 6 metros.

Área de penalti e zona de fóra de xogo. En cada extremidade do terreo e a 13 m. de distancia de cada liña de meta, trazarase unha liña paralela á portería unida nos seus extremos á liña de banda. A unha distancia a 9 metros de cada poste da portería e trazando unha liña perpendicular entre a liña de meta e la liña denominada de 13 metros, conformarase a área de penalti. A superficie comprendida entre a liña de 13 metros e a liña de meta chamarase zona de fóra de xogo.

Numero de xogadores. O partido será xogado por dous equipos compostos cada un por 7 xogadores, dos cales un será gardameta. No partido pódense presentar, ademais, 8 suplentes, os cales poden entrar no terreo de xogo en calquera momento do partido, e despois de que o xogador a quén substitúa abandone o terreo de xogo, sempre polo centro do campo. Os xogadores substituídos poden volver a participar no xogo. Non se permitirá o xogo con menos de 6 xogadores por equipo. 

Penalti. O punto de execución do penalti situarase a 9 m. de la liña de meta. Os xogadores deberán estar no interior do campo de xogo, pero fóra da liña de 13 metros, salvo o xogador que vai  lanzar o penalti, debidamente identificado e o porteiro adversario.

Tiros libres. Todos os tiros libres son directos, excepto as faltas que se produzan dentro das áreas de penalti, nas cales aplicarase o regulamento da RFEF. Todos os xogadores do equipo contrario deben estar a una distancia mínima de 6 metros.

SAQUE DE META. Cando o balón traspase a liña de meta sendo xogado en último termo por un xogador do bando atacante, sacarase dende a liña de saque paralela á de portería, que estará situada a 4 m. da liña de meta. Calquera outra incidencia non contemplada neste regulamento, aplicarase a normativa vixente da Real Federación Española de Fútbol.

1.3.       Normativa de Competición.
-         Duración: 2 partes de 15 min.
-         Normativa RFEF (salvo excepcións xa contempladas anteriormente).
-         Dúas tarxetas amarelas no implica sanción.
-         Tarxeta Vermella implica un partido de sanción.
-         Calquera tipo de agresión implica a expulsión do Torneo.

1.4.       Desenvolvemento da Competición.
-        Baremo de clasificación na fase de Grupos
·         Maior número de puntos
·         Resultado do enfrontamento directo (son en caso de empate entre dous equipos). Se houbese tripla empate, decidiríase polo seguinte criterio.
·         Diferenza de goles
·         Maior número de goles
·         Menor número de goles
·         Menor número de tarxetas vermellas.
·         Menor número de tarxetas amarelas.
·         Sorteo.
-        Eliminatorias desde cuartos
En caso de empate decidirase a penaltis: cada equipo tirará tres penaltis, se persiste o empate seguirase ata o fallo.